Presentación

Equipo disolución formas sólidas​Grupo recoñecido pola Xunta de Galicia como de referencia competitiva pola súa actividade de investigación. Para o desenvolvemento das súas actividades conta con ampla infraestrutura e financiamento procedente de convocatorias públicas competitivas nacionais e autonómicas e de contratos de desenvolvemento, prestación de servizos e asesoramento a industrias farmacéuticas e outras empresas privadas e a entidades públicas.

A producción científica nos últimos dez anos plásmase en máis dun centenar de publicacións, recollidas en revistas internacionais de alto nivel na especialidade, dez capítulos en libros de caracter monográfico e cinco patentes. No grupo formáronse numerosos doutores que se integraron con éxito no ámbito laboral, fundamentalmente na universidade e na industria farmacéutica. Actualmente están en curso catorce traballos de tese doutoral.

O grupo mantén colaboracións estables con grupos de investigación da Academia de Ciencias de Moscova, o Instituto de Polímeros de Bratislava, o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, a Universidade de Ghent, o Instituto de Ciencias Nucleares da UNAM de México, a Universidade de Bos Aires, a Universidade de Coimbra, a Universidade de Porto, a Universidade de Bradford e a Universidade de Matanzas, entre outros. Tamén, mantén convenios de intercambio de estudantes, encadrados no Programa Sócrates-Erasmus, con diversas universidades europeas.