Investigación

Caracterización de excipientes e sistemas de interese farmacéutico

Aspectos estruturais e fisico-químicos, propiedades reolóxicas de sólidos poeirentos e sistemas líquidos e semisólidos, avaliación da funcionalidade de excipientes, estudos de estabilidade.

Sistemas de liberación de medicamentos baseados no uso de ciclodextrinas

Hidrosolubilización e estabilización de fármacos por complexación con ciclodextrinas, reticulación de ciclodextrinas e preparación de armazóns polímero/ciclodextrina.

Biomateriais funcionalizados para sistemas de liberación de medicamentos

Preparación de novos polímeros “a medida” para comunicar prestacións específicas (capacidade de transporte de material xenético, propiedades antimicrobianas, resposta a estímulos do medio,...) e funcionalización de superficies.

Comprimidos e pelets de liberación inmediata ou modificada
Desenvolvemento de novas formulacións e avaliación das súas propiedades mecánicas, microestructurais e de cesión.
Hidroxeles como sistemas avanzados de liberación de medicamentos
Desenvolvemento de sistemas sensibles a estímulos, aplicación das técnicas de moldeado molecular para a preparación de sistemas imprinted, lentes de contacto imprinted para liberación ocular de medicamentos.
Micelas poliméricas como sistemas de liberación de medicamentos
Autoagregación de polímeros bloque e outros polímeros anfifílicos de interese farmacéutico; solubilización e estabilización de fármacos en micelas poliméricas; micelas poliméricas sensibles a estímulos.
Aplicación de Ferramentas de Intelixencia Artificial ao diseño e desenvolvemento de medicamentos
Uso de tecnoloxías de intelixencia artificial (Redes Neuronais Artificiais, Loxica Difusa, Algoritmos xenéticos, Gene Expression Programing) no desenvolvemento e optimización de formas de dosificación