Investigación

Nanotransportadores para Superar Barreiras Tecnolóxicas e Fisiolóxicas

Micelas poliméricas, nanoxeles, nanopartículas, ciclodextrinas e sistemas híbridos metal (ouro, prata)-polímero con capacidade solubilizante e estabilizante de sustancias activas, sensibles a estímulos, vectorizables para liberación de fármacos, material xenético, ou factores de crecemento.

Xeles Supramoleculares

Sistemas de xelificación en resposta a estímulos, complexos supramoleculares de ciclodextrinas tipo poli(pseudo)rotaxanos, para preparar sistemas depot, implantes inxectables.

Xeles Reticulados Nanoestructurados con Capacidade de Recoñecemento

Entramados poliméricos (micro/macro) sensibles a estímulos, materiais con capacidade de recoñecemento molecular, imprinting molecular, lentes de contacto para liberación ocular de fármacos

Aeroxeles para Aplicacións Biomédicas

Enxeñería de aeroxeles en novos deseños e formatos, bio-aeroxeles para administración oral e pulmonar de fármacos, aeroxeles para tratamento de feridas, aeroxeles electroactivos para medicina rexenerativa.

Andamiaxes para Medicina Rexenerativa

Sistemas inxectables, fibras de electrospinning, arquitecturas obtidas por impresión 2D e 3D, entramados porosos obtidos por técnicas de CO2 supercrítico.

Produtos Sanitarios con Superficies Funcionais

Recubrimientos micro e nanométricos de polímeros e enzimas, sensibles a estímulos, con capacidade de recoñecemento específico, para cesión localizada de sustancias activas, superficies antibiofilm, produtos de combinación fármaco-produto sanitario.

Caracterización de Materiais e Sistemas de Interese Farmacéutico

Aspectos fisico-químicos, microestructurais (textura, interconectividade de poros), propiedades mecánicas e reolóxicas de líquidos, semisólidos e sólidos, avaliación da funcionalidade de excipientes, estudios de estabilidade.

Deseño e Desenvolvemento de Formas de Dosificación Sólidas de Liberación Inmediata ou Modificada

Comprimidos, pellets, formas de dosificación 3D (imprimidos)

Produción de Materiais 2D e 3D

Electrofiado, electrospray, impresión 2D, partículas obtidas a partir de disolucións saturadas de gas (PGSS), impresión 3D.

Produción e Modificación de Materiais por Técnicas de CO2 Supercrítico

Impregnación/extracción supercrítica de sustancias bioactivas, secado supercrítico de xeles, produción de micropartículas poliméricas, sinterizado de estruturas poliméricas, modificación superficial de nanopartículas.

Ferramentas de Intelixencia Artificial Aplicadas ao Deseño e Desenvolvemento de Medicamentos

Emprego de Redes Neuronais Artificiais, Lóxica Difusa, Algoritmos Xenéticos ou Gene Expression Programming (Artificial Neural Networks, fuzzy logic, genetic algorithms, GEP) no deseño de sistemas farmacéuticos: extracción de información a partir de grandes bases de datos, establecemento do espazo de deseño de sistemas farmacéuticos, optimización de procesos de produción, procedementos de escalado industrial.

Avaliación da Biocompatibilidad de Materiais/Sistemas de Liberación en Cultivos Celulares e en Modelos Ex Vivo e Alternativos a In vivo

MTT, LDH, WST-1, HET-CAM, ensaios in ovo, permeabilidade e opacidade corneal.